204 : 無料・フリー素材/写真
204 / PONTE...NAS ONDAS!
ライセンス | クリエイティブ・コモンズ 表示 2.1 |
---|---|
説明 | Nome: Jorge Couselo García - 2ºESOEscola: IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela)Texto:Data: 1969Esta foto foi feita en Meixonfrío, parroquia de San Caetano en Santiago de Compostela, antigamente era unha aldeas ás aforas e agora é un barrio. As persoas que están nela son: a miña bisavoa materna, Carmen, que era a nai do meu avó Antonio, o cal tiña 12 irmáns e él era o terceiro irmán máis pequeno, aínda que a bisavoa tivo nove fillos, pero seis de eles morreron ao nacer. A outra persoa da foto é prima da miña nai, chámase Gabriela.O que está a facer a miña bisavoa chámase fiar liño, e servía despois para ter teas. O liño é unha planta que se sementaba en abril ou maio e gradábase dúas ou tres veces; no mes de xuño arrancábase. Atábanse en feixes e levábanse ao río, onde se lle poñía unha pedra enriba para que non o levase a corrente, e permanecía alí oito ou dez días. Sacábase e poñíase ao sol no prado durante 15 días. Cando estaba ben seco facíanse mollos , os cales eran separados a semente do talo.O talo mazábase ao sol e despois sacudíase a palla. O paso seguinte era o ensarillado co sarillo que estaba suxeito a un banco, e así obtíñase o fío do liño co cal facíanse sabas, sacos, mantas, e outro tipo de prendas. |
撮影日 | 2024-07-05 15:32:31 |
撮影者 | PONTE...NAS ONDAS! |
撮影地 |