43 : 無料・フリー素材/写真
43 / PONTE...NAS ONDAS!
| ライセンス | クリエイティブ・コモンズ 表示 2.1 |
|---|---|
| 説明 | Nome: Alba Santomé de María (1º BACH C).Escola: IES Politécnico de VigoTexto:Nesta foto, a cal foi sacada a principios dos anos 60, aparecen mozos e mozas que viñan de cumprir aquel ano a maioría de idade. A miña avoa é a terceira muller comezando pola esquerda, e o meu avó, o primeiro home da fileira de abaixo.Daquela era obrigatorio o servizo militar e chamaban os rapaces que ían facelo os quintos, acompañados na celebración das mulleres, chamadas quintas. Aquí estaban na entrada dun bar da mariña noutro lado da ría, en Moaña, onde se reunían despois de ir comer e facer un baile tradicional que se coñecía como "baile dos quintos".Esta tradición, aínda que era celebrada en distintos lugares de España, tiña variantes: en Andalucía relacionábase cos toureiros, en Estremadura prendíase lume... Pero o máis bonito é que a día de hoxe, sendo o servizo militar non obrigatorio, séguese celebrando. O meu avó non foi facelo como ben di a miña avoa, pero este ritual foi un día moi importante nas súas vidas e na dos seus compañeiros. |
| 撮影日 | 2024-06-29 03:20:24 |
| 撮影者 | PONTE...NAS ONDAS! |
| 撮影地 |

