1500-Torres do Oeste-Catoira (Pontevedra) : 無料・フリー素材/写真
1500-Torres do Oeste-Catoira (Pontevedra) / jl.cernadas
ライセンス | クリエイティブ・コモンズ 表示 2.1 |
---|---|
説明 | As Torres do Oeste son un xacemento arqueolóxico composto polas ruinas consolidadas dunhas torres de orixe romana que serviron de enclave fundamental para a defensa das terras da arquidiocese de Santiago de Compostela dos ataques normandos na Alta e na Baixa Idade Media.Trátase dun castelo de acceso libre e uso turístico e foi declarado Monumento Nacional.Sitúase na confluenza do río Ulla e a ría de Arousa, no concello de Catoira, comarca de Caldas.No lugar que ocupan as torres tense testemuñado acividade humana desde época castrexa, sabémolo polos restos de cerámica e útiles de bronce atopados.A data da súa construción foi, durante moito tempo, motivo de longas discusións. Xa o autor romano Pomponio Mela menciona na súa obra a existencia na desembocadura do Ulla das;Turris AugustiCapela románica e unha das torresPero tívose que esperar a que a mediados do século XX escavacións arqueolóxicas demostraron a existencia de restos romanos situados na cimentación das torresNo século X, por mor das numerosos ataques normandos remontando a ría, incluida a morte do bispo Sisnando defendendo a súa diocese fixo que os seus sucesores se esforzaran en reparar e mellorar as defensas da ría.O 29 de outubro de 1024 o rei Afonso V o Nobre doa a Vistruario bispo de Iria, as torres. Cara ao ano 1040 o bispo Cresconio[2] ordeou importantes traballos de reformas.Pola Historia Compostelana sabemos que os traballos de melloras e reformas continuaron baixo os mandatos dos sucesores de Cresconio: Diego Páez e Diego Xelmírez.No século XII defínese a estrutura definitiva do castelo, quedando composta a fortaleza por sete torres que amurallaban un recinto arrodeado de pantanos.Posúe unha capela do século XII construída por Xelmírez e dedicada ó Apóstolo Santiago. A partir do século XV,a fortaleza comeza a súa decadencia, e finalmente no ano 1525 gran parte das construcións foron destruidas.Na actualidade consérvanse en pe os alzados de dúas das torres e unha terceira moi arruinada. As torres son de planta cadrada e construidas con;perpiaño mediano; (coñecido como asturiano) e grandes perpiaños nos esquinais e nas xambas.Cada verán, o primeiro domingo de agosto, os restos do Castellum Honesti reviven unha romaría viquinga que recrea a defensa do castelo frente a un ataque normando.Tomado da Galipedia. |
撮影日 | 2010-08-09 15:34:05 |
撮影者 | jl.cernadas , Coruña, España |
タグ | |
撮影地 | Catoira, Galicia, España 地図 |
カメラ | Pro 815 , SAMSUNG TECHWIN |
露出 | 0.005 sec (1/200) |
開放F値 | f/7.1 |
焦点距離 | 6652 dpi |