A nevarada : 無料・フリー素材/写真
A nevarada / IES-MGB
ライセンス | クリエイティブ・コモンズ 表示-継承 2.1 |
---|---|
説明 | Autor:Claudia Blanco SanmartínEra un frío día en pleno inverno nun pequeno pobo de Galicia chamado Raña. O día amencía como non estaban acostumados os do lugar. Unha inmensa manta de neve cubría o pobo. Os tellados non lle tiñan nada que envexar ás mellores pistas de esquí do mundo. Os novos do lugar nunca viran o que era a neve máis ca en fotos antigas dos seus pais. A todos fastináballe esta estampa. Pero máis a unha pequena nena chamada Paula.Paula era filla de pais labregos, a súa familia era pobre, e nos fríos días de inverno case non tiñan nin mantas para abrigarse. O diñeiro que gañaban seus pais traballando todo o día dáballe o xusto para comer e pagar a casa onde vivía, que xa estaba case que en ruínas. O día da nevarada Paula saíu da casa co posto, co soriso máis grande que tivera nunca. A pequena Paula empezou a chorar da alegría ó ver a marabilla deste fenómeno meteorolóxico. A súas bágaos caían na neve sobre a que estaba tumbada. Paula nunca houbera imaxinado que algo así puidera ocorrer en Raña.Cando os seus pais levantáronse non encontraron a Paula na sua cama e levaron un bo susto pero enseguida viron pola ventá a pequena que apenas tiña os cinco anos e quedaron bastante máis tranquilos. Aínda así a súa nai estaba moi enfadada con ela polo susto que lle puxera. Xa ía a nai toda disposta a botarlle a bronca a Paula, pero cando veu a Paula chorando de alegría tirando a neve ó aire e rindo ela soa... a súa nai enterneceulle tanto a estampa que decidiu tirarse no chan coa súa filla e desfrutar dela por un día. Pero pouco a pouco a neve foise desfacendo á saída do sol, as ilusións corrían calle abaixo en forma de auga que no seu momento foi neve. E Paula miraba pola ventá desecando que algún día non moi lonxe Raña volvera a estar cuberto de neve. |
撮影日 | 2010-01-09 11:56:16 |
撮影者 | IES-MGB |
タグ | |
撮影地 |