商用無料の写真検索さん
           


5520-Catedral de Tuy (Pontevedra) : 無料・フリー素材/写真

5520-Catedral de Tuy (Pontevedra) / jl.cernadas
このタグをブログ記事に貼り付けてください。
トリミング(切り除き):
使用画像:     注:元画像によっては、全ての大きさが同じ場合があります。
サイズ:横      位置:上から 左から 写真をドラッグしても調整できます。
あなたのブログで、ぜひこのサービスを紹介してください!(^^
5520-Catedral de Tuy (Pontevedra)

QRコード

ライセンスクリエイティブ・コモンズ 表示 2.1
説明Catedral de Santa María de TuiNa Galipedia, a Wikipedia en galego.A Catedral de Santa María de Tui é un templo católico situado na cidade de Tui, pola que pasa o río Miño. En época sueva Tui converteuse en sede episcopal, e a construción da Catedral foi iniciada no século XII, aproximadamente no ano 1120 e foi rematada no 1180, en plena época de estilo románico. É a sede da diocese de Tui-Vigo, e foi declarada Ben de Interese Cultural en 1931.A catedral é o máximo expoñente do patrimonio artístico de Tui. Sitúase na parte máis alta da localidade, na croa do antigo castro Tide que debeu existir antes do inicio da nosa era.Da época do románico consérvase a planta, a portada norte e a iconografía dos capiteis. Tamén contén elementos de estilo gótico, na fachada principal, datada aproximadamente no ano 1225. Este dato ten importancia, xa que foi a primeira construción de estilo gótico de toda a Península Ibérica.A súa situación, nun punto elevado da fronteira con Portugal, determina o seu uso. Ademais das propias dun templo católico, a catedral desempeñaba un papel central na defensa da cidade, como proban a torre do homenax ou dos Soutomaior ou as almeas que rodean o claustro.Portada NorteDe estilo románico, cun engadido superior gótico. A porta, de arco de medio punto ten arquivoltas con decoracións xeométricas (a última con axedrezado) e un tímpano liso sostido por canzorros de cabezas animais, que semellan un carneiro e un lobo. Sobre a porta podemos ver a imaxe de San Epitacio, segundo a tradición, primeiro bispo de Tui.Pórtico RealSituado na fachada oeste, con iconografía de mediados do século XIII. Ten oito pares de columnas con estatuas de San Xoán, San Pedro, Isaías, Moisés, Daniel, Xeremías ou ben Berenguela e Fernando I ou Fernando II e Urraca de Portugal.InteriorA Catedral, con planta de cruz latina, está dividida en tres naves. Da súa arquitectura destacan os tirantes que van de columna a columna e que axudan a manter firme a estrutura da fábrica e os reforzos, non tan visibles, que teñen algúns dos arcos das naves laterais. Os tirantes son necesarios posto que a estrutura da catedral está lixeiramente inclinada e afundiría sen eses reforzos. A causa deste problema estrutural está, para uns, no terremoto de Lisboa de 1755,Retablo da expectación. Popularmente coñecido como ‘’Altar da preñada’’. É un retablo barroco, situado no brazo sur do cruceiro da Catedral, cuxa figura central á a Virxe preñada de Xesús, todo o resto do retablo, no que destacan as figuras de Adán e Eva, fai un repaso das promesas mesiánicas contidas no Antigo Testamento. Desde o punto de vista artístico, é a peza máis salientable de todo a Catedral.Retablo do Monumento. Situado sobre a porta do cruceiro norte. É un curioso retablo que conta cunha escaleira monumental desmontable que se garda dentro do propio retablo. Durante o ano a escaleira queda desmontada e o retablo está presidido por una imaxe procesional de san Telmo. Para a Semana Santa, retírase a imaxe e móntase a escaleira para usar o retablo como “Monumento” na celebración do Xoves Santo.O claustro, é o único gótico conservado orixinalmente de toda Galicia. Construído no século XIV con arcadas oxivais e bóveda de crucería.Sala capitular románica (século XII).
撮影日2012-10-12 18:11:42
撮影者jl.cernadas , Coruña, España
撮影地Sagrario Tui, Galicia, España 地図
カメラCOOLPIX P510 , NIKON
露出0.004 sec (1/250)
開放F値f/3.7


(C)名入れギフト.com