商用無料の写真検索さん
           


4672-Horreo en Coiros (A Coruña) : 無料・フリー素材/写真

4672-Horreo en Coiros (A Coruña) / jl.cernadas
このタグをブログ記事に貼り付けてください。
トリミング(切り除き):
使用画像:     注:元画像によっては、全ての大きさが同じ場合があります。
サイズ:横      位置:上から 左から 写真をドラッグしても調整できます。
あなたのブログで、ぜひこのサービスを紹介してください!(^^
4672-Horreo en Coiros (A Coruña)

QRコード

ライセンスクリエイティブ・コモンズ 表示 2.1
説明Hórreo.Na Galipedia, a Wikipedia en galego.Un hórreo é unha construción destinada a gardar e conservar os alimentos afastados da humidade e dos animais para mantelos nun estado óptimo para o seu consumo.[1] Caracterízase por manterse sobreelevado sobre pés, co fin de evitar a entrada de humidade e animais dende o chan e por permitir a ventilación a través de rañuras nas paredes perimétricas.O antropólogo polaco Eugeniusz Frankowsky, en 1918, rexistra o uso de celeiros aéreos na Península Ibérica, rexión dos Alpes, península escandinava, área dos Balcáns, África subsahariana, Persia, sueste asiático, Xapón, península de Kamchatka e área do estreito de Bering, empregados para a conservación do cereal.[2] A especificidade do hórreo como tipoloxía reside na súa ligazón co cultivo do millo e á súa maduración e secado en zonas de clima atlántico. O uso do hórreo está estendido por boa parte do norte da Península Ibérica, con especial abundancia na rexión costeira noroeste, en áreas nas que a pronta chegada dun inverno longo, frío e húmido obriga a facer colleitas temperás.O uso do hórreo esténdese por toda Galicia, coa soa excepción dalgunhas zonas do sueste raiano. Tamén se emprega, sen grandes variacións formais, no occidente asturiano e na rexión portuguesa do Minho, onde é chamado espigueiro, canastro ou caniço. En Galicia recibe diferentes nomes segundo a zona: hórreo ou hórrio no centro-norte, cabazo no noroeste da Coruña, cabozo no norte de Lugo, canastro na zona sur, máis raramente canasto, cabaceiro entre o centro e o nordeste de Ourense, igual na mesma dirección en Lugo, pero mesturado con formas máis pechadas (cabeceiro, cabeceira, cabaceira), canizo entre a ría de Vigo e o río Miño, piorno no Salnés, cabana máis no interior, paneira no Morrazo, orno ou órneo no cabo do Morrazo, hórreo ou horro os de tipo asturiano no este de Lugo; e outros apelativos de extensión menor.[15]Trátase dun edificio de pequeno tamaño, oblongo e de planta rectangular con cuberta a dúas augas e escasa coxía. As súas dimensións, os seus materiais e os aparellos empregados na súa construción son moi variados, aínda que sempre dentro do repertorio habitual na arquitectura popular: cantería ou cachotería, madeira de castiñeiro, cuberta de tella cerámica, lousa de xisto ou colmo de centeo.Hai unha tipoloxía menos elaborada que comprende pequenos celeiros lixeiros chamados cabazos, formados por un corpo de pólas ou vimbios tecidos, cuberto por un pequeno cono de xesta ou colmo. En áreas do Courel úsase máis o hórreo de tipo asturiano, ás veces con cuberta de colmo de centeo, e usualmente de pequeno tamaño. Na zona costeira hai outra tipoloxía escasamente difundida, coñecida como hórrea, que difire do hórreo na súa maior anchura, na distribución interior en corredor central e cámaras laterais e en empregar ternas de pés no canto de parellas.
撮影日2010-05-25 08:29:11
撮影者jl.cernadas , Coruña, España
タグ
撮影地Armea, Galicia, España 地図
カメラPro 815 , SAMSUNG TECHWIN
露出0.002 sec (1/500)
開放F値f/5.0
焦点距離6652 dpi


(C)名入れギフト.com