商用無料の写真検索さん
           


3696-Castelo do Pambre en Palas de Rei (Lugo) : 無料・フリー素材/写真

3696-Castelo do Pambre en Palas de Rei (Lugo) / jl.cernadas
このタグをブログ記事に貼り付けてください。
トリミング(切り除き):
使用画像:     注:元画像によっては、全ての大きさが同じ場合があります。
サイズ:横      位置:上から 左から 写真をドラッグしても調整できます。
あなたのブログで、ぜひこのサービスを紹介してください!(^^
3696-Castelo do Pambre en Palas de Rei (Lugo)

QRコード

ライセンスクリエイティブ・コモンズ 表示 2.1
説明O castelo de Pambre é unha fortaleza situada álzase a 44 m de altitude nun penedo á beira do río Pambre, na parroquia de Pambre (Palas de Rei).O castelo é unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en Galicia, e das poucas que quedaron en pé trala revolta irmandiña. A capela románica contida nas súas murallas é anterior á súa construción e foi durante séculos igrexa parroquial de PambreAs lendas tradicionais outorgan a súa construción aos mitolóxicos mouros en só unha noite. A lenda devén do feito de ser construído de xeito rápido pola xustificada premura de Gonzalo Ozores de UlloaFoi un dos poucos castelos que non foron destruídos polos irmandiños, e salvouse grazas á astucia de Sancho Sánchez de Ulloa que tratou de falar cos sublevados nunha histórica reunión en Melide e que, ante as esixencias de que entregase o castelo, e temendo pola súa vida, decide fuxir, salvando a vida e o castelo, que foi respectado polos irmandiños.No ano 1895 un secretario do duque de Alba vendeu a fortaleza xunto cos seus bens e outros edificios ao veciño de Palas de Rei Xosé Soto por 27.000 pesetas, nunha escura manobra que contradicía os termos do aforamento a perpetuidade outorgado case douscentos anos antes. Tras os correspondentes preitos, a propiedade confirmouse para a familia Moreiras -que nunca a chegara a abandonar- no 1912 na persoa de Manuel Moreiras, de quen o herdaría o seu irmán materno, o polígrafo Manuel García Blanco, lembrado catedrático no Instituto de Lugo, Delegado de Estatística provincial e autor de obras de investigación lingüística, principalmente sobre toponimia e defensa da lingua galega, con frecuencia baixo o pseudónimo, de Manuel da Torre, en referencia precisamente á fortaleza de Pambre. arredor da fortaleza fóronse tecendo outras lendas, coma a citada, con menor ou meirande base histórica. Así, entre outras, atopamos a que mantén que un nobre francés peregrinando a Santiago, logo de ser atacado por bandidos, foi auxiliado polo señor do castelo, que o atendeu xunto coas súas dúas fillas deica sandar. Volvendo xa de Compostela á súa patria, o nobre recuncou agradecido en Pambre, onde pediu a man dunha delas da que ficara namorado, marchando os dous á súa afastada terra. A irmá, agardando solitaria polo seu cabaleiro, morreu de saudade, habendo quen asegura que a súa pantasma aínda pode verse de cando en vez fitando cara ao Camiño de Santiago dende certas xanelas das torres do castelo.Galipedia.
撮影日2010-05-17 17:28:02
撮影者jl.cernadas , Coruña, España
撮影地Palas de Rei, Galicia, España 地図
カメラPro 815 , SAMSUNG TECHWIN
露出0.002 sec (1/500)
開放F値f/5.0
焦点距離6652 dpi


(C)名入れギフト.com